Títulos válidos para a Colexiación

Segundo a normativa vixente os únicos títulos académicos que dan acceso á profesión de "Enxeñeiro de Telecomunicación" son o título de "Enxeñeiro de Telecomunicación" e o título de "Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación" en cuia memoria de verificación indíquese explicitamente (dacordo ao establecido na Orde CIN/355/2009, de 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación), que o devandito Máster habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación

É importante indicar que exclusivamente os posuidores destes títulos académicos terán acceso ás atribucións profesionais que lle corresponden á profesión de enxeñeiro de telecomunicación e por tanto á colegiación no Colexio.

Tamén poderán pertencer ao Colexio aquelas persoas que obtivesen o título que habilite para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación fora do territorio español, sempre que este fose homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte ou ben obtivese o recoñecemento do título a efectos profesionais polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.