Coléxiate

Colexiado De Pleno Dereito

Para pertencer ao Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación como colexiado de pleno dereito é requisito imprescindible estar en posesión do Mestrado de Enxeñaría de Telecomunicación ou título oficial de Enxeñeiro de Telecomunicación que habilita para o exercicio da profesión, expedido por calquera das Universidades españolas co recoñecemento do Ministerio de Educación y Formación Profesional. Tamén poderán pertencer aquelas persoas que obtiveran o título fora do territorio español, sempre que este teña a debida homologación oficial ou ben o recoñecemento do título a efectos profesionais polo Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.

Títulos válidos para a colexiación.