Chega a Teleco Xuntanza 2024, encontro de confraternización de #telecos

Participa nunha cata de viños!

cata de viños

O vindeiro 1 de marzo terá lugar a Teleco Xuntanza 2024, encontro de confraternización de asociadas/os da AETG, que organizamos un ano máis en colaboración co COETG. Nesta ocasión, ademais do tradicional xantar de pé, teremos oportunidade de participar nunha cata de viños singular especial #telecos, a cargo da sumiller de Monky Wines, María del Mar Gutiérrez Marcos.

Celebraremos esta xuntanza o primeiro venres de marzo ás 13:30 horas no restaurante Casa Rosalía de Brión, a 10 kms. de Santiago de Compostela.

Cada ano o evento vai gañando sona, coa intención de poñer en valor o sentimento de pertenza ao colectivo e de compartir experiencias e proxectos persoais e profesionais. Esta xuntanza é unha boa ocasión para promocionar a colexiación entre o colectivo. Para tal fin aquelas persoas que desexen asistir ao encontro acompañadas dun #teleco non colexiado, poden consultar as condicións de inscrición para o seu colega.

Os asistentes recibirán un agasallo e entrarán no sorteo dunha inscrición para dúas persoas á Noite Galega 2024!

Formulario de inscrición

 

cata de viños

Etiquetas