Sorteo de bolsas formación con Galicia Business School

De interese para asociad@s e colexiad@s.

sorteo gbs

En virtude do convenio de colaboración que mantemos coa escola de negocios Galicia Business School, lanzamos un sorteo de catro bolsas desconto do 40% aplicables aos programas profesionais e MBA´s que oferta este centro e que se poden consultar no enlace programas GBS. Os programas pódense cursar en modalidade de presencial ou dixital en tempo real.

Para participar no sorteo deberás realizar a túa inscrición a través do seguinte formulario que estará dispoñible ata o 10 de marzo. Finalizado este prazo comunicarase o fallo do sorteo e as catro persoas gañadoras disporán de 48 horas para aceptar a bolsa. 

Ademais, con independencia do resultado do sorteo, as persoas interesadas poderán beneficiarse dun desconto especial en todos os programas abertos de Galicia Business School.

Para resolver calquera dúbida sobre os programas formativos ou a mecánica do sorteo, podes contactar directamente con info@galiciabusinessschool.es ou no 886 317 146.

Anímate e participa!

Etiquetas