O Tour Tecnolóxico @aslan 2023 pasa por Santiago de Compostela o 23 de novembro

A décimo sétima edición do Tour Tecnolóxico @aslan celébrase baixo o título "Continuamos innovando. Continuamos avanzando".

XVII Tour Tecnológico @aslan

As novas tecnoloxías son unha peza clave da economía dixital: a intelixencia artificial, as redes 5G ou os entornos multi-cloud, entre outros, están a inducir cambios vertixinosos nos departamentos de tecnoloxías da información (TI). Á súa vez, ofrecen grandes oportunidades para desenvolver novos servizos e modelos de negocio tanto a start-ups como a compañías tecnolóxicas ou de outros sectores.

A décimo sétima edición do Tour Tecnolóxico @aslan celébrase baixo o título "Continuamos innovando. Continuamos avanzando" e porá o foco na importancia da ciberseguridade para a Transformación Dixital; as novas formas de xestionar as infraestruturas híbridas; ou o potencial da intelixencia artificial aplicada á rede.

O COETG colabora un ano máis con @aslan para ofrecer invitacións a colexiados. Accede á información e inscrición a través da imaxe:

XVII Tour Tecnológico @aslan