COETG e AETG presentes na Culturgal xunto a PuntoGal

COETG e AETG presentes na Culturgal xunto a PuntoGal

O COETG e a AETG participan un ano máis da man de PuntoGal, na Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebra entre os días 1 e 3 decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Ésta é unha máis das iniciativas froito do acordo de colaboración coa Asociación PuntoGal.

Estaremos no stand número 53. Un stand participativo que compartiremos xunto coas demais entidades e iniciativas coas que colabora PuntoGal, polo que os visitantes poden pasar para coñecer en detalle todas estas colaboracións e poder obter ademais algún obsequio ou participar en sorteos de agasallos.

Máis información e programa da feira